Non para: O prezo da luz do domingo bate un novo récord histórico, ata os 319,33 euros/ MWh

O prezo medio da electricidade alcanzará este domingo os 319,63 euros o magavatio hora ( MWh), o que supón rexistrar un novo récord histórico ao superar o anterior marcado o pasado venres, que alcanzou os 309,02 euros, e bater por cuarta vez a cota dos 300 euros.
O encarecemento da luz significa un aumento do 4,34% respecto ao día anterior, que rexistrou o sábado máis caro da historia, con 306,33 euros/ MWh; mentres que é un 24,38% superior ao mesmo día de hai unha semana, e sobe unha 622,12% fronte ao 19 de decembro de 2020, é dicir, multiplicouse por máis de sete.
O prezo máximo da luz para este domingo darase entre as 20.00 e as 21.00 horas, con 350 euros/ MWh, mentres que o prezo mínimo será de 274,90 euros entre as 04.00 e as 05.00 horas.