Noia aposta firme polo espírito solidario e creativo neste Nadal

16 Decembro 2021

Noia vai celebrar un Nadal solidario, participativo, integrador e formativo. Nesta liña insírense citas como a deste domingo 26 de decembro: un festival benéfico de zumba organizado por Kitis Katis Dance Class (en colaboración co Concello) a favor de ASGHOP, a Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva. O festival será como dixemos o domingo 26 de decembro, ás 19.30, no Pavillón Alonso Rodríguez. As entradas poderanse adquirir a través de ambas asociacións. Ademais contarán cunha fila 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa compra da entrada, pero que non poidan asistir ao evento.

Presentación da actividade de zumba

A maiores, a concelleira de Deportes e Xuventude de Noia, Laura Salgado, presentou unha nova edición do Campamento de Nadal, dirixido aos rapaces de entre 3 e 12 anos, que dará comezo o día 22 de decembro e rematará o 4 de xaneiro. Este ano, como novidade, o campamento ofrecerá o servizo de madrugadores, a partir das 07:30h, e tamén o servizo de recollida ata ás 14:30h que permite aos cativos estar unha hora máis. As inscricións deben facerse na Casa do Concello a partir do 16 de decembro.

Asemade, dende Xuventude de Noia puxeron en marcha unha actividade-concurso que consiste en convidar á mocidade a facerse un selfie con decoración de Nadal. Haberá premios para as máis destacadas contribucións: vales para gastar no comercio local por valor de 200 euros para a primeira clasificada, 100 para a segunda e 50 para a terceira. O concurso Recunchos de Nadal en Noia diríxese a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos. Para participar as persoas interesadas deberán fotografarse co seu dispositivo a carón dalgún dos recantos decorados do Nadal do Concello e enviar logo a imaxe á conta nadalennoia@orbitainfantil.com. Para máis información, cómpre visitar as bases do concurso na web do Coliseo Noela, en www.coliseonoela.com.

A maiores de todo o devandito, lembrar que Noia inaugurou o alumeado e a decoración urbana o pasado 2 de decembro, un engalanamento de rúas e prazas que proseguiu ao longo dos días seguintes. Por outra banda, xa se pode visitar en Noia o belén animado da igrexa de Santa María A Nova. O horario de visitas será de luns a sábado, de 10:30h a 13:30h e de 16:00h a 20:00h. Os domingos poderemos visitalo so en horario de mañá de 11:00h a 14:00h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...