Na Pobra, o Elma volve ser escenario dun festival solidario

27 Decembro 2021

Este 2 de xaneiro toca festexar na Pobra do Caramiñal o canto, o baile e a música tradicional, co engadido extra de facelo en clave humanitaria e a prol do ben común. Estamos a falar do evento Nadal con Caramiñas, un festival solidario a favor da loita contra o cancro que organiza a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A cita desenvolverase a partir das 18.30 horas, no teatro cine Elma.

A entrada é de balde ata completar a cabida e habilitarase un stand para a recollida de donativos en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a través da xunta local da Pobra, para contribuír así á investigación, ademais de axudar na asistencia ás persoas enfermas e familiares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.