Na Pobra detido un home acusado de roubar en tres bares. En Oleiros frustrado un atraco na farmacia

22 Decembro 2021

As dependentas da farmacia situada en Salmón en Oleiros, lograron frustrar, na tarde do martes, un intento de atraco. Segundo fontes policiais, un home entrou pedindo diñeiro e pastillas e ameazou con atacalas cun obxecto punzante. Ata o lugar acudiron Policía Nacional e Policía Local, aínda que o atracador, tras toparse co rexeitamento das traballadoras, escapouse antes de que os axentes chegasen.

Pola súa banda a Garda Civil detivo ao propietario dunha vivenda ubicada nos xardíns Valle-Inclán de A Pobra, ao que acusan de presuntamente roubar en tres locais hostaleiros.

Na vivenda segundo fontes da benemérita residen varias persoas con antecedentes por feitos similares e que ademais son consumidores de estupefacientes. Os axentes recuperaron unha máquina rexistradora e outra expendedora de tabaco que foran roubadas nun local anexo á vivenda. Tamén acharon catro chisqueiros novos, moedas e unha chaqueta amarela con bandas reflectoras que supostamente levaba posta o ladrón nas imaxes que quedaron gravadas nas cámaras de vixilancia.

O valor dos obxectos, que se atopan nas dependencias da Garda Civil da Pobra, supera os 4.000 euros. O detido será posto mañá a disposición xudicial, pero desde o corpo non se descartan máis detencións relacionadas por estes feitos delituosos.

Outros artigos

El Brujo volverá a Ribeira coa “Viaxe do monstro fero”

O Concello de Ribeira presentou este 9 de xullo os detalles da nova actuación de El Brujo en Santa Uxía. Na cita cos medios participaron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, xunto cos técnicos de Cultura, Sara e Unai. Trátase, sinalaron, dunha nova proposta...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

“En defensa de Occidente” – José Antonio Constenla

Europa se ha vuelto un continente cansado, de sí mismo, de sus símbolos, de su pasado. Lo que alguna vez fue un faro de civilización, una sinfonía de culturas, hoy parece atrapada en la melancolía de quien ya no cree merecer su legado. El desarraigo se ha convertido...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.