Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán A Pobra seguindo dous formatos

30 Decembro 2021

Adaptándose á actual situación sanitaria, o Concello da Pobra do Caramiñal configura a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar no 5 de xaneiro a través de dous formatos.
Dunha banda, as súas maxestades os Reis do Oriente chegarán a tódalas parroquias do termo municipal seguindo a mesma dinámica do pasado ano. A saída está programada para as 14.45 e o remate para as 18.00 horas, aproximadamente. Posteriormente, na praza Alcalde Segundo Durán recibirán aos nenos e nenas dunha maneira ordenada e segura.
Será a partir das 18.00 horas e resulta preciso anotarse. Para tal fin, habilítase dende hoxe mesmo o seguinte formulario online:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScOktLBDkwWWOaqrvZgWD1lS8IIFTCk7AQLPMnJdjt0OPxZBg/viewform .

Ademais, dende o 3 ao 4 de xaneiro poderá facerse a través do teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035 (dende as 10.00 ata as 14.00 horas). Unha vez realizada a inscrición, deberase ir recoller a entrada física á propia oficina de Turismo, situada na Casa Mariñeira (en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.30 horas).
Co obxectivo de evita-las aglomeracións, existen 5 tramos para a visita a Melchor, Gaspar e Baltasar, cunha fila de 30 crianzas por cada Rei Mago cada media hora. Outorgarase a hora á que se debe asistir en función do Rei do Oriente ao que desexen visitar. Deberase acudir no momento no que marque a cita, nin antes nin despois.
En caso de climatoloxía adversa, a recepción trasladarase ao CEP Salustiano Rey Eiras. Darase información máis detallada en próximas datas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...