Galicia rexistra un total de 8.204 casos activos por coronavirus

05 Decembro 2021

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.204 deles 1.137 son da área da Coruña, 645 da de Lugo, 2.041 da de Ourense, 954 da de Pontevedra, 2.449 da área de Vigo, 595 da de Santiago e 383 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 188 en unidades de hospitalización e 7.981 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 183.149 persoas curadas, rexistrándose 2.678 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.037.595.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.095.939.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves.

Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara


Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.