Galicia despide un outono meteorolóxico con temperaturas cálidas e moi seco

19 Decembro 2021

A Comunidade galega despide un outono meteorolóxico con temperaturas cálidas e moi seco, no que se rexistrou un 34% menos de chuvias.
Así se recolle no último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, sobre estas dúas variables ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro, que presentaron comportamentos moi diferenciados entre eles, sobre todo tendo en conta as precipitacións rexistradas.
Así, mentres setembro e outubro rexistraron en xeral temperaturas cálidas para esta época do ano, novembro presentou valores máis baixos dos normais, polo que se considera frío.
En todo caso e tendo en conta a estación no seu conxunto, o outono foi cálido en Galicia, cunha temperatura media obtida a partir das estacións meteorolóxicas máis representativas de 14.7 ºC, é dicir, 0.25 ºC máis do esperado.
En canto á precipitación media -recollida polas 16 estacións máis significativas, esta foi de 269 L/m 2 , o que se traduciu nunha anomalía negativa dun 34% con respecto aos valores normais. Estes rexistros explican porque Galicia acaba de despedir un outono moi seco.
En calquera caso, o comportamento da chuvia tamén foi desigual nestes tres últimos meses. O período comezou cun setembro que se pode considerar normal en canto á cantidade de auga recollida no conxunto da comunidade, a pesar de estar cun 5% de diferencia co valor climático. Outubro, pola contra, foi un mes seco, pois a porcentaxe de
precipitación foi un 19% inferior ao normal. Esta situación agudizouse no mes de novembro, no que choveu un 63% menos, polo que este intervalo temporal se considera moi seco.
Tendo en conta o comportamento deste outono climatolóxico co período de referencia 1981-2010, as temperaturas máximas foron cálidas, mentres que as mínimas foron normais; sendo o de 2020 o precedente máis cálido. En relación coas chuvias, o precedente máis seco é o ano 2017.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.