Galicia comeza a semana de Nadal con 1.331 novos contaxios da Covid-19

20 Decembro 2021

Galicia comeza a semana de Nadal con 15.856 casos activos de Covid-19, que supoñen medio milleiro máis que o día anterior, tras rexistrarse 1.331 novos contaxios –26 menos que a xornada pasada–. Os pacientes ingresados por este coronavirus aumentan a 292 –dez máis– e a taxa de positividade dispárase ao 18,74 por cento no conxunto de Galicia.
Segundo a Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, mantéñense 51 persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –sen cambios– e aumentan a 241 as hospitalizadas noutras unidades –dez máis–, mentres que 15.564 pacientes atópanse en seguimento nos seus domicilios.

A presión hospitalaria aumenta en cinco das sete áreas sanitarias; mantense sen cambios na de Lugo con seis pacientes Covid en UCI e 11 noutras unidades; e alíviase na de Vigo, que rexistra 21 ingresados en críticos –un menos– e 77 noutras unidades –dúas menos–.

Tamén a área de Santiago e Barbanza segue sen cambios en UCI, cun ingresado, e conta con 21 noutras unidades, dúas máis, mentres que na da Coruña e Cee mantense sen cambios en canto aos pacientes Covid en críticos, seis, e soben a 27 os doutras unidades, un máis.

Na área de Pontevedra e O Salnés aumentan a nove os ingresados en UCI pola Covid e a 45 os hospitalizados noutras unidades, seis máis.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.