Galicia camiña cara o colapso da atención primaria ante casi 5.600 novos casos da Covid

30 Decembro 2021

Os 5.662 novos positivos por PCR comunicados hoxe en Galicia supoñen o terceiro máximo diario consecutivo e o sétimo no últimos nove días. O aumento de casos activos, case 5.000 máis nun só día, tamén é o récord absoluto e confirman que Galicia perdeu calquera indicio de control sobre a transmisión da sétima onda da pandemia.

Nos hospitais a situación empeora, aínda quede xeito máis amodo. A enorme cantidade de novos casos simultáneos xa colapsou moitos centros de saúde e puiden acabar colapsando os hospitais en xaneiro, aínda que a taxa de hospitalización segue baixando grazas ás vacinas e a menor severidade de Ómicron.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 36.909 deles 6.638 son da área da Coruña, 3.149 da de Lugo, 3.905 da de Ourense, 4.993 da de Pontevedra, 9.345 da área de Vigo, 6.738 da de Santiago e 2.141 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 271 en unidades de hospitalización e 36.588 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 199.549 persoas curadas, rexistrándose 2.760 falecementos.    

O número de PCR realizadas é de 3.293.449.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.821.160.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.