Desde este sábado Galicia prohibe os cócteles do Nadal de pé, aperitivos e obriga ao pasaporte covid en residencias e ximnasios

17 Decembro 2021

A Xunta estende desde este sábado a obrigatoriedade do pasaporte Covid para impedir que empeore a situación Covid pola Nadal.

A Xunta de Galicia publicou as novas normas coas que, de momento, pretende superar o Nadal, en palabras do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, quen sostivo que se non empeoraba a situación, mantense a prudencia e seguía o mesmo ritmo de vacinación, non se impoñerían medidas adicionais. Iso si, endurécense os eventos do Nadal, coa prohibición de cócteles, e esténdese o certificado covid (polo momento para maiores de 12 anos) para máis actividades.

Como normativa xeral, en Galicia é preciso o certificado covid, á poboación maior de 12 anos, para acudir a restaurantes, a bares a partir das 21 horas, aos albergues de peregrinos, a discotecas e a visitar a algún paciente ingresado.
Desde este sábado, como se confirmou coa publicación este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) das novas normas, tamén será preciso o pasaporte covid para a práctica deportiva non federada -como entrar en ximnasios e en piscinas-, para os visitantes e acompañantes a centros sociosanitarioas residenciais de maiores e de persoas con discapacidade; para visitantes e acompañantes de pacientes en hospitais de día para tratamento oncolóxico e de diálise e hoteis de pacientes; e para acceso a eventos multitudinarios ou aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos e bebida para o seu consumo durante estes días.

Ademais a Xunta publicou a prórroga do certificado covid en hostalería (para restaurantes todo o día e outro tipo de establecementos desde as 21 horas), coa novidade incorporada de que quedan prohibidos os eventos de cócteles de pé e actos de recepción con aperitivo. Cabe lembrar que en hostalería reducíronse as mesas a oito comensais en interior e 15 en terraza.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.