Cinco persoas trasladadas en Ribeira noutro accidente

13 Decembro 2021


Ademais, ao fío das 23:15 horas deste domingo, o 112 Galicia tivo constancia doutro accidente entre dous vehículos, tamén no Barbanza, e no que cinco persoas tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios ao resultar feridas despois de envorcar o vehículo no que viaxaban, cando circulaban pola AC-550, punto quilométrico 103, concretamente, na curva da Chabola, en Oleiros.

Neste caso, foi  a Policía Local quen deu aviso ao 112 Galicia. No transcurso da chamada, tamén un particular contactaba cos xestores de emerxencias para informar dun accidente entre dos coches, un deles envorcado.

Ata o lugar, desprazáronse nada máis ser alertados polo 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que os cinco ocupantes estaban todos fóra do vehículo envorcado, precisaban asistencia sanitaria pero non parecían revestir gravidade.

Ao igual que o persoal sanitario e a Policía Local, ata o lugar tamén se desprazaron os Bombeiros de Ribeira e os axentes de Tráfico.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.