Boiro ten aberto o prazo para solicitude de subvencións para clubs federados do municipio

10 Decembro 2021

O Concello de Boiro ten aberto o prazo dunha convocatoria de axudas para apoiar a entidades deportivas sen fins de lucro na participación en competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou estatal. O importe total da subvención é de 48.500 euros, que se van repartir seguindo un sistema de puntos.
Son obxecto destas axudas os gastos federativos; os seguros; os gastos de xestión; de publicidade; vestimenta; formación; ximnasio e fisioterapia; farmacia; material de oficina; material de protección pola Covid-19; gastos derivados de desprazamentos; trofeos e agasallos ou equipamento deportivo.
As entidades solicitantes deben cumprir unha serie de requisitos como son ter a razón social no termo municipal de Boiro e participar nunha competición oficial estable, carecer de fins de lucro, estar no rexistro de entidades do Concello e da Xunta e non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas.
Estas axudas complementan as subvencións nominativas que o Concello de Boiro concede a clubs deportivos e outras entidades sociais e culturais do municipio, co obxectivo de fomentar o deporte e as actividades de promoción do deporte, culturais ou sociais que estas entidades levan a cabo.
O prazo de presentación de solicitudes para os clubs está aberto ata o vindeiro 16 de decembro. As solicitudes e toda a documentación requirida debe presentarse no rexistro xeral do Concello de Boiro, aberto de luns a venres en
horario de 9.00 a 13.30 horas, ou mediante a sede electrónica. As bases e toda a información están a disposición das persoas interesadas na web municipal.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.