As persoas usuarias do CAD da Pobra reciben a visita de Papá Noel e agasallos polo Nadal

20 Decembro 2021

Con motivo destas datas tan sinaladas, un cento de persoas usuarias do Centro de Atención Integral á Discapacidade (CAD), tanto do centro ocupacional coma do Servizo de Atención Temperá, recibiron no teatro cine Elma, no 18 de
decembro, a visita de Papá Noel.
Acompañadas das súas familias, puideron trasladarlle os seus desexos para o Nadal. Así mesmo, recibiron agasallos de diversa índole doados por GADISA e cadansúa bolsa de larpeiradas.
Esta actividade foi organizada polo propio CAD, dependente da Concellaría dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Amparo Cerecedo (BNG).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...