As peaxes da AP-9 subirán case un 3% a partir do 1 de xaneiro. No resto do Estado un 2%

30 Decembro 2021

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana anunciou este xoves a medida, que entrará en vigor a partir do sábado.

Aínda que todas as autoestradas dependentes do estado soben case un 2%, a AP-9 encarece o seu prezo moito máis
As peaxes da AP-9 subirán a partir do 1 de xaneiro de 2022 un 3 por cento, segundo anunciou este xoves o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.

Nun comunicado, o Goberno explica que con carácter xeral increméntanse un 1,97% as tarifas das autoestradas dependentes do Estado para partir do 1 de xaneiro de 2022 para axustalas ao Índice de Prezos ao Consumo (IPC).

No caso da AP-9 decrétase unha subida adicional para, segundo apunta Transportes, cubrir os custos por excesos de valoración de expropiacións ou pola execución de obras nas que incorreron as respectivas sociedades concesionarias, para financiar bonificacións de peaxe e para compensar a non aplicación de incrementos de tarifas inicialmente previstas por razóns de interese público.

A subida das peaxes na AP-9 prodúcese sen prexuízo das bonificacións parciais ou totais que se aplican en tramos gratuítos como O Morrazo-Vigo e A Coruña-Barcala, así como das bonificacións aprobado por real decreto o pasado mes de xullo.

Mentras a Xunta fai redución da suba das peaxes das autoestradas autonómicas en 2022 tal como recollemos en obarbanza.gal.

O Consello da Xunta autorizou o pasado xoves, 23 de decembro, a modificación do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia co obxectivo de limitar a suba das tarifas das autoestradas autonómicas a menos da metade do que lle correspondería polo incremento do IPC, segundo o estipulado no contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.