Ambar conmemora con diversas actividades o Día das Persoas con Diversidade Funcional

02 Decembro 2021

Este venres 3 de decembro, Día das Persoas con Diversidade Funcional, a Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional estará impartindo unha clase maxistral de Ioga Flow para principiantes no Complexo Deportivo Municipal a Fieiteira.

Unha vez rematada a xornada, Milagros Rey, presidenta da entidade, xunto con varias persoas usuarias de Ambar, leran un manifesto sobre a loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional, facendo fincapé “na importancia da participación social na comunidade e da inclusión en todos os aspecto da vida para vivir de maneira autónoma e independente”.

A clase de ioga será impartida por Lidia Mariño, educadora social e profesora de ioga de Ambar. Á xornada asistiran as persoas usuarias e profesionais de Ambar, as persoas usuarias da Asociación A Creba, as persoas que asisten as clases de ioga da fieiteira, amais doutras persoas de maneira individual.

Esta é unha das accións que Ambar levará a cabo para conmemorar a Semana da Diversidade, que comeza este 3 de decembro, Día das Persoas con Diversidade Funcional; e remata o día 10 deste mesmo mes, Día dos Dereitos Humanos. Neste día de remate das actividades celebrarase unha Xornada Micolóxica con distintos centros educativos. E o venres 10 de decembro presentarase o Calendario Solidario 2022 baixo o lema 40 anos de cine, 40 anos de Ambar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...