A Orquestra Sons ofrece na Igrexa de Ribeira un concerto de Nadal este domingo 19 de decembro

18 Decembro 2021

A Orquestra Sons vai celebrar este domingo 19 de decembro un concerto na Igrexa Parroquial de Santa Uxía. O evento, que levará por título Os sons de Nadal, dará comezo a partir das 19 horas.

O espectáculo, de entrada libre e gratuíta, foi presentado este xoves 9 de decembro por Álex Millet e Begoña Campaña (director e integrante deste grupo que ten a súa base en Aguiño,) xunto coa conselleira de de Cultura María Sampedro, quen animou a que os veciños tomen nota “desta proposta tan atractiva”.

Millet avanzou que o repertorio do evento “será totalmente novo” e que “se van incorporar novos instrumentos nunca antes mesturados na traxectoria desta orquestra de pulso e púa, como a percusión, un contrabaixo ou un piano de cola, etc…”. Para o devandito, dixo, contarán con músicos invitados que acudirán de moitas partes de Galicia.

Begoña Campaña explicou pola súa parte que ademais de música haberá un espectáculo de luces e que levan tres meses traballando moi duro e coa maior ilusión. “Será un espectáculo novidoso, atractivo e máxico”, comentou.

Dado que o aforo é limitado, tamén será retransmitido en directo por Youtube e a través de Canal Barbanza.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...