A máscara o aire libre obrigatoria desde este venres 24

23 Decembro 2021

A norma que recupera a esixencia das máscaras ao aire libre aprobouse este xoves no Consello de Ministros extraordinario e entra en vigor este venres 24 de decembro desde as cero horas.

España bateu este mércores, por segundo día consecutivo, o seu récord de novos casos desde o inicio da pandemia con 60.041 contagios e a incidencia disparada ata os 784 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas.
Sánchez avanzou que a nova norma das máscaras en exteriores incluirá algunhas excepcións (mentres se fai deporte, en espazos naturais como o monte ou a praia ou cando se estea con conviventes) e manterá as situacións recollidas ata o de agora: en interiores e lugares abertos ao público.

O plan de reforzo dos recursos humanos da sanidade pública tamén pasará por contratar a persoal sanitario xubilado, prexubilado e profesionais con título de especialista obtido en Estados non membro da Unión Europea.

Ademais, a partir do 1 de febreiro de 2022, o certificado COVID caducará aos nove meses de recibir a pauta completa, segundo confirmou Moncloa, en liña co acordado pola Comisión Europea a comezos desta semana. Desta maneira, a Unión Europea ha vinculado a vixencia do pasaporte sanitario á aceptación das doses de reforzo.

Por outra banda a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.664 deles 2.985 son da área da Coruña, 1.319 da de Lugo, 2.560 da de Ourense, 2.840 da de Pontevedra, 5.936 da área de Vigo, 2.262 da de Santiago e 762 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 50 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 18.391 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 193.311 persoas curadas, rexistrándose 2.739 falecementos. O número de PCR realizadas é de 3.195.326. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.689.473. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.