39 contaxios da Covid en Santiago, tras unha cea de persoal de FINSA

17 Decembro 2021

Trinta e nove persoas que traballan na madereira Finsa, contaxiaronse da Covid por mor dunha cea de empresa. Todas presentan síntomas leves ou están asintomáticas. A maioría de quen deu positivo nas probas diagnósticas traballaban nos servizos centrais da sede compostelá da empresa e estaban en réxime de teletraballo o que evitou que resultasen máis compañeiros afectados da infección.

A cea celebrouse a semana pasada. Quen detectou os primeiros síntomas contactaron cos servizos médicos da empresa, e avisouse ao Sergas. Puxéronse en funcionamento os protocolos para establecer a dimensión do contaxio. Os últimos días fixéronse probas diagnósticas, que realizaron todas as persoas citadas.

Outros artigos

Venres 13, con choivas tormentosas nas Rías Baixas e Santiago

Galicia vivirá o venres 13, Santa Catalina e Benigno, unha xornada de inestabilidade atmosférica coa entrada dunha masa de aire polar marítima, con chuvascos localmente tormentosos e posible sarabia nas Rías Baixas e arredor de Santiago de Compostela. Agárdanse ceos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.