Pesar nas Letras Galegas: Falece Darío Xohán Cabana, escritor, membro da Real Academia Galega e activista político

17 Novembro 2021

O escritor e académico lucense Darío Xohán Cabana faleceu este martes no seu domicilio tras unha longa enfermidade. Así o confirmaron fontes do Concello de Lugo, lugar onde traballou como funcionario de Cultura ata a súa xubilación.

O autor de ‘ Galván en Saor’ contaba con 69 anos de idade e era natural da parroquia de Roás no Concello de Cospeito, aínda que actualmente residía na parroquia de Roméan na cidade de Lugo.

O escritor cultivou multitude de xéneros, como a poesía, o ensaio e a tradución, ingresou na Real Academia Galega en abril de 2006, onde ocupando a vacante de Manuel María.

Tamén foi un activista político vinculado ao nacionalismo galego, en Esquerda Nacionalista, a Unión do Povo Galego ou a FPG.

Xohán Cabana xubilouse como funcionario, como responsable das comunicacións na área de Cultura, despois de ser o encargado da xestión do auditorio municipal Gustavo Freire.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.