Os bispos e o nuncio do Papa en España peregrinarán este venres a Santiago polo Ano Xubilar

Un total de 63 bispos españois, dous administradores diocesanos e os dous vicesecretarios da Conferencia Episcopal Española (CEE), acompañados do nuncio do Papa España, Bernardito Auza, peregrinarán este venres 19 de novembro ata Santiago de Compostela, con motivo do Ano Xubilar Compostelán.

Os prelados clausurarán en Santiago de Compostela a 118 Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española que reuniu durante toda a semana aos bispos españois e na que abordaron, entre outros temas, distintas propostas do Servizo de coordinación e asesoramento para as Oficinas de protección de menores fronte aos abusos sexuais.

O Sínodo, a pastoral das persoas maiores ou a Semana do Matrimonio, que os bispos preparan para o próximo mes de febreiro, con motivo de San Valentín, foron outros dos asuntos que debateron.