Os actos do 25-N proseguen este sábado en Rianxo

27 Novembro 2021

Este sábado 27, Rianxo segue a conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Faino cunha manifestación cidadá na praza Castelao a partir das 12:30h. Participarán a poeta Elvira Ribeiro Tobío, achegando un recital de composicións contra a violencia, e a banda de música tribal composta por mulleres, Brassica Rapa. Os contidos do acto achegaranse tamén en lingua de signos.

A maiores, a entrada do Consistorio acolleu este xoves 25 unha concentración das traballadoras e traballadores do Concello de Rianxo para conmemorar a devandita data ao abeiro da campaña De fronte á violencia da xénero, da Deputación da Coruña. Leuse o manifesto e un poema de Lucía Aldao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.