Ondiñas Mainas celebra o 25-N enchendo Rianxo de bolboretas contra a violencia

15 Novembro 2021

A Asociación Ondiñas Mainas, en colaboración co Concello de Rianxo, van celebrar o 25-N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres) con actividades participativas e creativas que contribúan a avanzar en sensibilización e concienciación. Baixo o lema 25-N en Rianxo, As crianzas non deben ser vítimas da violencia vicaria, Ondiñas Mainas convocou á cidadanía para colaborar nun obradoiro colectivo de bolboretas de papel este sábado 20 de novembro, na Piscina Municipal de Rianxo a partir das 17.00 horas.

Estas bolboretas non se limitarán ao ámbito da piscina na devandita xornada do 20. De feito, Ondiñas Mainas está a facer un chamamento aos comercios e institucións de Rianxo para que visibilicen a lacra da violencia ás crianzas convidando a encher escaparates, balcóns, xanelas e outros elementos de bolboretas moradas.

A maiores, a xeito de complemento das celebracións desta data reivindicativa do mes de novembro, as e os participantes poderán implicarse a título individual deixando en papel a súa pegada identificatoria contra a violencia de xénero, sacarlle unha foto e publicala logo nas redes sociais. Colaboran neste programa de actividades o Concello, Rianxo en Negro e BeOne (empresa adxudicataria da xestión da Piscina).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.