O Noia segue sen gañar máis dun mes despois (1-1)

24 Novembro 2021

O Noia non puido cortar súa mala xeira e sumar unha vitoria máis dun mes despois na Terceira División. Si foi capaz de sumar un punto na casa fronte ao Rápido de Bouzas, un dos cocos da categoría. Un temperán gol dos pontevedreses puxo costa arriba o encontra para os locais. Jesús contrarrestou este golpe para poñer un empate que sabe a pouco no Julio Mato.

Non comezou da mellor forma o encontro para os noieses, xa que no minuto 10 Carlos Alonso rematou ao fondo da rede un córner sacado por Álex Rey para poñer o 0-1. Voltaban os pantasmas ao Julio Mato. No minuto 26, Jesús recibiu un balón de Diogo para adxudicar as táboas no marcador co que se chegaría ao descanso.

Nos segundos 45 minutos foi o Noia o que estivo máis preto de levarse os tres puntos, pero ambos conxuntos firmaron o empate nun partido no que primou o temor a non sumar. Iván Carril mostrouse contento coa imaxe mostrada polos seus.

A pesar da mala xeira de resultados, o técnico do cadro noiés mostra confianza plena no equipo, e asegura que competirán ata o final.

Con este resultado o Noia suma 2 dos 18 últimos puntos, e sitúase en postos de descenso directo, con 12 puntos, a tan só 1 da permanencia.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.