O Museo Valle-Inclán pobrense participa na xornada Diagnose e Necesidades do Museo Local

03 Novembro 2021

Co obxectivo de analizalo futuro dos museos locais, do día 4 ao 6 de novembro desenvolverase a xornada Diagnose e Necesidades do Museo Local no Auditorio do Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
A dita xornada organízase no marco do programa A Cultura é un Dereito da área da Cultura da Deputación da Coruña e reunirá preto de 20 profesionais da museoloxía. Entre as institucións museísticas que participarán con relatorios e en mesas redondas atópase o Museo Valle- Inclán da Pobra do Caramiñal. A técnica municipal deste, Araceli Abad, quen é tamén comisaria da xornada, acompañará o deputado de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, no acto de apertura.
Así mesmo, o director do Museo pobrense, Antonio González, foi convidado a participar coa impartición do relatorio de clausura da xornada no 6 de novembro. Baixo o título Do caos á especialización: o exemplo das boas prácticas do Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal), a conferencia versará sobre a evolución histórica da Casa Museo e,
deseguido, terá lugar unha mesa redonda de profesionais da museoloxía.
Precisamente, a traxectoria profesional e a dinámica de especialización deste centro nas últimas décadas sitúano actualmente entre os museos de titularidade municipal mellor valorados de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.