Milladoiro poñerá a música ao 20º Aniversario do Museo do Gravado de Artes este venres

04 Novembro 2021

O singular museo de Ribeira cumpre dúas décadas impulsado pola colección do incansable Javier Expósito Paradela con 40.000 gravados desde finais do s. XV ata a actualidade e o apoio incondicional do Concello de Ribeira.

O Museo do Gravado abriu as súas portas o 21 de xuño de 2001 produto da paixón coleccionista de Javier Expósito Paradela, posuidor dunha colección de varios miles de estampas, que decidiu poñer a disposición do público en xeral e que a dotou dun edificio propio no lugar do Outeiro na parroquia ribeirense de Artes, nunha aposta clara pola defensa do mundo rural.

Hoxe é un referente a nivel autonómico e estatal, á vez que recibe peticións de cesións desde diversos recunchos do mundo.

Co fin de conmemorar este vixésimo aniversario, o Museo do Gravado preparou para este venres unha serie de actos, que incluirán a inauguración da exposición de estampas de Albino Fernández, un pintor e gravador cubano con nacionalidade arxentina que era ademais cidadán español, xa que os seus pais eran galegos. Esa conexión cos tres países viuse reflectida na súa obra. Unha selección deses traballos estará ao dispor do público na sala 1 do centro museístico de Artes.

Durante a celebración, que comezará ás seis da tarde, os asistentes terán ocasión de descubrir os espazos que foi gañando o museo no seu empeño por divulgar o gravado. Así, percorrerán a biblioteca ilustrada, recentemente ampliada, un recinto que conta cuns oito mil volumes do período comprendido entre o século XVI e a actualidade.

Posteriormente haberá unha visita ao taller de gravado, que tamén gañou metros cadrados. Esta estancia converteuse nun dos piares do museo ribeirense desde que, no 2018, a subscrición dun convenio coa Universidade de Salamanca deu pé á organización de diversos seminarios, tanto de iniciación como de perfeccionamento. O resultado foron unha serie de estampas que se expuxeron na propia sala de Ribeira, pero que tamén foron exhibidas en Portugal e Salamanca.

Os actos concluirán cun concerto a cargo dun dos grupos de música celta máis recoñecidos a nivel internacional: Milladoiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.