O Goberno municipal de A Pobra presenta as propostas económicas que leva ao pleno

10 Novembro 2021

O goberno local pobrense leva ao pleno extraordinario deste 10 de novembro de 2021 numerosas cuestións que, segundo cualificou o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), resultan de “gran importancia polo elevado volume de
investimentos”.
A concelleira da Facenda, Charo Varela (Nós Pobra) encargouse de explicar as propostas dende o punto de vista da facenda local. Indicou que o aforro conseguido nos últimos exercicios dou como resultado un remanente do ano 2020 de 1.500.000 euros, que permite agora, na situación de crise xerada polo COVID-19 afrontar numerosos gastos extraordinarios relacionados coa pandemia, así como completar as partidas necesarias para a actualización dos gastos de persoal e dos servizos básicos (recollida de lixo, abastecemento de auga, etc.), tamén permitirá algúns investimentos e a concesión de subvencións nominativas a clubs deportivos, entidades do sector educativo e á Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal. Acádase a cifra de 963.000 euros, reservando polo tanto máis de 500.000 euros para os vindeiros anos, tal e como aconsella a prudencia e a responsabilidade de cara a afrontar unha
situación impredecible no eido económico.
No relativo aos créditos con cargo a préstamos bancarios, a cifra situarase en 1.597.000 euros cos que financiar diversas actuacións en tódalas áreas do Concello, pois contémplanse obras de saneamento, pavimentacións, melloras de instalacións deportivas e outros edificios públicos, adquisición de vehículos, melloras na accesibilidade, etc. Charo
Varela manifestou que se trata de intervencións “de suma importancia para o noso concello” que “van a supoñer un cambio significativo na mellora de servizos.”
A concelleira de Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE) indicou á súa vez que traballaron nisto “con moita precaución e serenidade”, “poñendo por diante as persoas e ao colectivo social nun momento moi importante para activar o benestar das veciñas e veciños.” Quixo tamén como titular da área da Cultura, destacar a importancia da adquisición da Casa da Cadea para incrementar o patrimonio público.
Doutra banda, a edil do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), definiu estas inversións como “inclusivas e sostibles” que, ademais de abranguer tódalas áreas, se desenvolverán en todo o territorio, tanto na zona rural como na urbana. Rematou a súa intervención declarando que “este goberno busca facilitar o día a día dos veciños e veciñas” cuns investimentos que “supoñen o impulso decisivo para o futuro da Pobra do Caramiñal.”
Todas estas cuestións serán levadas á sesión plenaria desta tarde que o rexedor cualificou como “a máis importante do que vai de mandato” e que “permitirá superar o estrangulamento que a pandemia supuxo para a administración local”. Tamén sinalou a gran capacidade de endebedamento coa que conta a día de hoxe o Concello, grazas á política
de redución da débeda dos últimos anos, que permite agora dispor desta posibilidade para facer fronte á crise xerada polo COVID-19 e así poder manter capacidade de seguir investindo e mellorando os servizos públicos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...