Feijóo destaca a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura

08 Novembro 2021
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira do Mar, Rosa Quintana, preside a inauguración do Pescanova Biomarine Center do Grupo Nueva Pescanova

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aposta do sector pesqueiro pola I+D+i para
posicionar Galicia á vangarda mundial na acuicultura. Non en van, a Comunidade produce o 20% do total do peixe e marisco criados en Europa, acadando o 85% do total da produción en España.
Durante unha visita ás instalacións do Pescanova Biomarine Center do Grupo Nueva Pescanova, Feijóo resaltou que a acuicultura galega xerou en 2020 máis de 254 millóns de euros, con 400 persoas máis traballando, chegando aos 5.600 empregos.
Nesta liña, referiuse ao Grupo Nueva Pescanova como exemplo dese compromiso coa innovación así como coa sustentabilidade dos recursos mariños. “Estamos a falar dunha multinacional líder na comercialización dos produtos do mar e que hoxe pon a funcionar o Pescanova Biomarine Center, o primeiro centro privado de investigación acuícola de
España e un dos tres máis importantes de Europa, a través de novas técnicas sobre xenética, nutrición, saúde e benestar animal”, destacou. Ademais, subliñou que nesta compañía traballan máis de 10.000 persoas, elaborando 160.000 toneladas de produtos do mar nas súas 17 plantas espalladas por todo o mundo, catro delas situadas en Galicia – Arteixo, Insuiña-Xove, O Porriño e Chapela.
O titular da Xunta aproveitou o acto para garantir o apoio do Goberno galego ao sector pesqueiro, cuns orzamentos para 2022 da Consellería do Mar que soben aos preto de 200 millóns, cun incremento do 50% nos últimos cinco anos. “E imos seguir traballando na comercialización e na transformación”, dixo, lembrando tamén que desde 2009 a
Administración autonómica leva investidos 70 M€ para apoiar a mellora das pemes de transformación de produtos do mar e da acuicultura.
Feijóo salientou ademais a oportunidade que supoñen os fondos europeos Next Generation, para os que Galicia conta cunha proposta seria, viable e solvente. Así, na área da industria marítimo-pesqueira, a Comunidade conta con sete iniciativas que supoñen un investimento de máis de 500 millóns e a creación de 1.000 postos de traballo.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.