Excéntricas Producións chega con Estrela do día ao Elma da Pobra

29 Novembro 2021

A compañía Excéntricas Producións vai estar na Pobra o vindeiro 5 de decembro representando sobre as táboas do cine-teatro Elma o espectáculo Estrela do día, unha comedia chea de cor, música, misterio e humor, onde a palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena e as personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días. A cita desenvolverase como dixemos o 5 de decembro, ás 19.00 horas.

O elenco está composto por Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Marcos Ptt Carballido e con texto de Quico Cadaval (Ribeira, 1960).

Trátase dunha proposta abeirada á programación cultural do último trimestre do ano con sesións teatrais dirixidas a maiores de 16 anos.

A entrada é de balde e as reservas débense efectuar na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler ou a través do teléfono de contacto 981831545. Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...