Detido en Ribeira por un delito contra a seguridade viaria tras colisionar na Pobra con dous coches estacionados e fuxir

16 Novembro 2021

A Policía Local de Ribeira recibiu na noite de onte (20.30 hora) unha chamada da Garda Civil de Tráfico da Coruña comunicando que un vehículo BMW modelo 118D con determinado número de matrícula se dou á fuga tras colisionar con dous turismos estacionados na localidade veciña da Pobra, informando ademais que había un cidadán que sendo testemuña dos feitos estaba seguindo ao condutor do citado vehículo.
Dende xefatura se puxeron en contacto coa testemuña en cuestión por vía telefónica, quen indicou a ubicación do presunto autor ata ser interceptado no lugar de Martín, onde lle deron o alto. Os axentes observaron que o condutor ía manobrando de xeito errático (incluso fixo o amago de darse a fuga) e observaron que o eixo dianteiro dereito do vehículo estaba partido.
Unha vez entrevistado o condutor, apreciaron que estaba influenciado polo consumo dalgunha substancia estupefaciente. O home foi trasladado ás dependencias xudiciais para realizar as dilixencias pertinentes por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.