Gromo de coronavirus no CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia con 17 afectados

24 Novembro 2021


Os últimos datos do SERGAS relativos á situación da pandemia nos centros escolares galegos confirma un gromo nunha escola de Noia, localidade que se atopa no nivel de risco extremo, cunha incidencia de entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes nos rexistros a sete días.
A confirmación do brote no CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso chega cinco días despois de que Noia superase a decena de casos no rexistro da incidencia a sete días.
O 27 de outubro, os datos en Noia reflectían que a pandemia desaparecera “” do municipio. Por entón, a Xunta reportaba cero casos activos na localidade noiesa. Desde entón, o municipio mantívose con “entre 1 e 9 casos” ata o pasado 20 de novembro, cando rompeu o limiar dos dez casos activos a sete días, ata alcanzar os trece.

Só catro días despois o panorama cambiou diametralmente: Noia é unha das localidades con peores rexistros na área sanitaria de Santiago – O Barbanza, cunha incidencia de entre 125 e 250 casos por 100.000 habitantes -só Mazaricos atópase na súa situación peor, no nivel de risco máximo, pero con moitos menos casos activos-, con 34 positivos no últimos sete días e con 36nos últimos 14 días.
Só en 24 horas a variación de casos é de cinco positivos máis. Isto parece provocado en moi boa medida polo brote do CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso, que ten 17 casos activos pero todas as súas aulas funcionando. Con 17 positivos, o centro de Noia é o sexto máis afectado da comunidade nestes momentos

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.