As gañadoras do concurso Galeguizando TikTok reciben na Pobra os seus agasallos

03 Novembro 2021

Na última fin de semana de outubro efectuouse no Consistorio da Pobra do Caramiñal a entrega dos premios ás gañadoras do concurso Galeguizando TikTok, destinado, como indica o nome do certame, a reivindicar a nosa lingua na popular rede social e poñendo o foco na mocidade. Os obsequios consisten en cadanseu lote de produtos culturais galegos por valor de 100 euros.

O xurado ditaminara que a distinción “ao máis divertido” recaese en Iria Portas Rodríguez; “ao vídeo máis creativo” en Alicia Miguéns Vila; e “ao máis orixinal” quedase sen adxudicar. As pezas audiovisuais presentadas debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da aplicación TikTok.

O dito concurso foi unha iniciativa enmarcada na programación impulsada para conmemorar o Día da Patria Galega, no 25 de xullo, dende a Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.