A Asociación Amicos visitou este martes 23 de novembro as instalacións do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo para dar a coñecer o seu labor e realizar dúas actividades dirixidas a promover a inclusión social das persoas con capacidades diversas. Para iso, contou coa colaboración de Nhood, empresa xestora de Vialia.

Durante a tarde deste martes, ademais de tarefas de sensibilización, realizouse no escenario Food Court de Vialia un xogo do proxecto Re-Mar, liderado por persoas usuarias de Amicos e dirixido a nenos maiores de seis anos. Trátase dunha actividade que simula ao xogo da oca para concienciar sobre a importancia da custodia ambiental e a redución de residuos no Espazo Mariño Protexido das Rías Baixas.
Estes mércores celebrarase ás 17:30 na Zona Vigo Exporta de Vialia un obradoiro sobre Nadal e arte reciclada que será impartido por integrantes de Amicos e estará encamiñado a nenos entre 4 e 16 anos. O obxectivo da acción é “dar unha segunda vida a residuos plásticos mariños”. Todas aquelas persoas que queiran participar poden anotarse a través de hola@amicos.org.
A colaboración entre Amicos e Nhood, pretende sensibilizar e mostrar o seu labor a toda a sociedade, tanto no desenvolvemento de persoas con discapacidade como o coidado do medio ambiente.
