A V edición do Circuito de Golf Barbanza Arousa comeza na Pobra


A quinta edición do Circuito de Golf Barbanza Arousa xa está aquí. Os catro concellos da
Barbanza Arousa, A Pobra, Boiro, rianxo e ribeira, únense para traer un dos mellores
campionatos de golf da zona. A primeira proba puntuable terá lugar maá, cun percorrido
longo. Os partcipantes terán a opción de elixir horario. As opcións son o venres 19 ás 15:30
horas, o sábado 20 ás 15:30 horas e o domingo 21 ás 11:00 horas.
A vindeira semana será Boiro quen acolla a segunda proba puntuable cun percorrido curto,
cos mesmos horarios. Xa en decemebro Rianxo será a penúltima proba cun percorrido longo.
Ribeira será a localidade que acolla a gran final do cirucito o venres 17, sábado 18 e
domingo 19 de decembro.
Os premios son moi variados. Puntúan as tres mellores tarxetas por cirucito, en scratch,
hándicap. Senior, feminino e junior.Nos premios por proba o gañador de cada unha das
modaliades recibirá o galardón. As xornadas tamén contarán con sortes de regalos, de 500 €
ao foxo en 1 no foxo 18.
A entrega de premios terá lugar o domingo 26 de decembro ás 13:00, onde participarán os
concellos e a mancomunidade Barbanza Arousa.