A Pobra, segunda parada do I Circuíto de atletismo de probas en pista da provincia da Coruña


Neste 21 de novembro ten continuidade no estadio municipal da Alta, na Pobra do Caramiñal, o I Circuíto de atletismo de probas en pista da provincia da Coruña que organiza a Federación Galega de Atletismo co patrocinio da Deputación da Coruña e que, no municipio pobrense, conta coa colaboración da Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), así como da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza na
montaxe das probas.
A competición desenvólvese nas categorías sub-10 e sub-12. Comprende carreiras de 50 e 500 metros na categoría sub-10 e de 60 e 500 metros na sub-12, salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso. Ao finaliza-lo circuíto, entregaranse trofeos ás tres primeiras marcas de cada proba e categoría. O acto realizarase no mes de febreiro.
Controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA), as probas terán unha duración total aproximada dunha xornada, en horario e 10.00 a 14.00 horas, onde se deberá dar cumprimento ao protocolo establecido por mor da COVID-19.
Estas esténdense por distintos municipios ao longo dos meses de novembro e decembro e nelas poderán participa-los/as atletas empadroados/as en calquera concello da provincia que estean en posesión da licenza federativa para a actual tempada.