A Pobra chegará a 2020 con 4.601 fogares conectados á nova rede de R

03 Novembro 2021

A operadora R fixo balance dos seus traballos recentes na Pobra do Caramiñal para dotar de internet de alta velocidade (de até 500 Mbps simétricos) aos fogares e empresas deste concello da comarca do Barbanza. Segundo fixo saber, vén de actuar nos núcleos Agros Atalaia e A Ponte Barbanza, dotando aos inmóbeis deses lugares de accesos ultrarrápidos. En concreto, R rematou este outono, nestes dous núcleos, un novo treito das súas tarefas de despregue de fibra óptica previstas para A Pobra do Caramiñal. Fíxose novamente aproveitando “ao máximo as infraestruturas previas”.

Tras as conexións feitas, arredor de 150 novos fogares e negocios dos devanditos núcleos quedaron preparados para recibir os servizos avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mpbs simétricos e televisión dixital multicanle de R.

Amais, cando remate o plan estaremos a falar de preto de 1.300 novas residencias particulares e empresas conectadas ás redes de última xeración do operador galego só no marco do Avanza, no dito concello da Pobra.

A todo isto cómpre sumar o traballo impulsado pola operadora no concello do Barbanza ao longo destes anos, un traballo que fai posíbel sumar á dita cifra outros 3.301 inmóbeis conectados ata a data a través doutras accións de desenvolvemento de rede. O resultado será que A Pobra chegará ao 2022 cunha cifra de 4.601 fogares e negocios incluídos nas redes de nova xeración de R.

Esta e outras actuacións de extensión de rede na provincia da Coruña forman parte dun dos tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a tecnoloxía FTTH (fibra até o fogar) en 512 núcleos de Galicia que non dispuxesen de alta velocidade ata ese momento (as chamadas “zonas brancas”).

No desenvolvemento dos tres plans investirase un total de 10M€, dos cales case 8M€ están a ser subvencionados polos fondos FEDER da Unión Europea. En concreto, esta última despregadura na Pobra do Caramiñal, nos núcleos de Agros Atalaia e A Ponte Barbanza, enmárcase no proxecto destinado á extensión de redes de nova xeración en 162 núcleos de concellos do centro-oeste de Galicia (norte de Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo); o investimento total neste caso é de 3,58M€.

Outros artigos

O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.