A Fundación RIA e a Xunta organizan unha xornada para perfilar a mellora da AC-305 ao seu paso por Boiro

22 Novembro 2021

A Fundación RIA, en colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas, desenvolverá esta semana un acto de participación e reflexión sobre a estrada AC305 ao seu paso por Boiro. O obxectivo das dúas entidades é “traballar pola mellora da seguridade e por recuperar a identidade dos núcleos de poboación litorais do Barbanza”. O acto aberto ao público (até completar o aforo, que é de 50 persoas) será este vindeiro mércores 24 de novembro no centro social de Boiro de 17:00 a 19:00.

Antecedentes

Tras a elaboración dun anteproxecto para a humanización da AC-305 ao seu paso por Palmeira (cuxo proxecto de execución xa foi licitado e está a ser redactado nestes momentos) a Fundación RIA, con sede principal en Corrubedo, subscribiu en decembro de 2020 un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Infraestruturas. Grazas a este acordo, a fundación desenvolve un estudo xeral da estrada AC-305 que percorre o litoral do Barbanza e elaborará propostas de intervención para mellorar a seguridade e recuperar a identidade urbana de 5 núcleos de poboación.

Obxectivo da xornada

O acto de participación e reflexión é unha das actividades recollidas no convenio subscrito entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e a Fundación RIA. A xornada permitirá reflexionar sobre o tramo que percorre a rúa Principal boirense e que foi escollido para próximas actuacións. A través da participación de diversas personalidades locais, farase un percorrido pola memoria e identidade da rúa, destacando os seus valores característicos e identificando as súas necesidades.

A xornada contará coas intervencións de:

-José Ramón Romero, alcalde de Boiro.

-Alberto García, técnico de cultura do concello de Boiro.

-Manuel Rodríguez, coordinador xeral da Fundación RIA.

-Alfonso Bertran, arquitecto na Fundación RIA e coordinador do estudo sobre a AC-305.

-Lucía Escrigas, arquitecta na Fundación RIA.

Outros artigos

COGAMI impulsa unha campaña para captar talento de xente nova

A campaña tamén chegou ao Centro Social de Boiro A confederación inclusiva COGAMI que preside o sonense Anxo Queiruga lanzou unha campaña de sensibilización e captación de talento de mozas e mozos para dar a coñecer o Servizo de Emprego entre a xente nova con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.