A Escola Naútico-Pesqueira de Ribeira avanza na sensibilización ambiental do alumnado cunha xornada sobre lixo mariño

14 Novembro 2021

A Consellería do Mar traballa co obxectivo de aumentar a concienciación do conxunto da cidadanía sobre os danos que causa o lixo mariño no medio ambiente e, especialmente, entre as novas xeracións. Por iso, a formación nos centros de ensino náutico-pesqueiro da comunidade ten cada vez máis en conta a sensibilización ambiental e a protección do medio mariño tanto no ámbito do transporte marítimo como do sector pesqueiro. Neste contexto enmárcase un taller impartido a comezos de mes pola Confederación Española de Pesca (Cepesca) na Escola
Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Consellería do Mar, para concienciar ao alumnado sobre as consecuencias negativas da presenza de refugallos nos mares do mundo.
A xornada enmarcouse no primeiro ciclo de conferencias impartido pola patronal pesqueira española ao abeiro do Programa para a sensibilización en residuos e lixo-Seayourlitter, que desenvolve coa colaboración da Fundación Biodiversidade a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Os relatorios desenvolvidos no centro de ensino de Ribeira abordaron distintos aspectos como as consecuencias sociais, ambientais e económicas da presenza de lixo nos mares e a necesidade de que o conxunto da sociedade colabore activamente para facer fronte a este problema. As actividades desenvolvidas -que tamén incluían a visita a praias para comprobar en directo a presenza de refugallos- contribuíron a concienciar, sensibilizar e divulgar entre os alumnos a importancia de loitar contra o lixo mariño e as súas consecuencias.
Este tipo de accións formativas veñen a complementar o programa lectivo do alumnado, que xa inclúe formación dirixida á sensibilización no eido ambiental e á defensa de valores como unha pesca sustentable, o consumo responsable de produtos do mar, o mantemento da biodiversidade e a protección do medio mariño no seu conxunto.
Outras accións
O labor desenvolvido nos centros de formación da Consellería do Mar dá continuidade ao traballo realizado neste ámbito en múltiples eidos, como o da investigación ou a recollida activa de lixo así como a concienciación do conxunto da cidadanía con campañas como Bye, bye plástico, dirixida especialmente á xente nova a través das redes sociais.
En canto á retirada de residuos do medio, o Executivo galego aprobou entre 2020 e 2021 un total de 14 proxectos promovidos polo sector pesqueiro para a recollida activa e pasiva de refugallos no litoral cunha axuda pública de máis de 600.000 euros. A estas accións, enmarcadas no Plan MarLimpo, engádense 57 plans de xestión de marisqueo da
comunidade que inclúen entre os seus obxectivos a participación dos profesionais na recollida de refugallos mariños, o que mostra a concienciación dos profesionais do mar na loita contra este problema.
No eido da investigación, a Consellería do Mar tamén participou en outras iniciativas para estudar e coñecer o impacto do lixo mariño ou buscar xeitos de darlle valor como o proxecto CleanAtlantic, coordinado pola Xunta a través do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), o ML Style, de valorización de residuos mariños inorgánicos para a industria
téxtil, ou Nada pola borda, que se desenvolveu hai xa dez anos e que é unha mostra do traballo da Xunta neste eido desde hai máis dunha década.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.