A Casa da Cultura da Pobra acolle unha mostra fotográfica de micoloxía

08 Novembro 2021

A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler acolle este 8 de novembro a inauguración dunha mostra fotográfica de micoloxía ao abeiro da programación da quinta edición das Xornadas Micolóxicas, da cal o Concello achegará información detallada en vindeiras datas.

O acto contará coas intervencións da concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), e a técnica municipal desta área, Beatriz González. A entrada é libre e de balde.

Inicialmente está composta por un total de vinte imaxes que se corresponden con aquelas que acadaron as cinco mellores puntuacións nas catro convocatorias previas do Concurso Fotográfico de Micoloxía. Ademais, na próxima semana coñeceranse as puntuacións do certame deste ano, polo cal, posteriormente, se sumarán outras cinco imaxes á mostra que permanecerá aberta ao público ata finais de mes.

Unha vez conclúa, a Concellaría do Medio Ambiente converterá a exposición en itinerante para que vaia rotando polos centros educativos que a soliciten.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.