A campaña De Fronte visualiza en Rianxo a lacra da violencia contra as mulleres maiores

12 Novembro 2021

Este xoves 11 de novembro, dentro da campaña De Fronte á violencia de xénero da Deputación da Coruña, o Auditorio Municipal de Rianxo acolleu a xornada Violencias de xénero en mulleres maiores. Participaron Elena Molanes Piñeiro (directora do centro de emerxencia para mulleres vítimas de violencia de xénero) e Lara Fuentes Enjamio (técnica de FADEMUR-Galicia), contándose con Marián Fernández (xornalista) como moderadora. Na cita, organizada en colaboración co Concello, tamén interveu a deputada de Igualdade, María Muíño, lembrando que “nun país no que o envellecemento poboacional é moi alto e cunha poboación moi dispersa, non podemos calar ante a vulnerabilidade das mulleres maiores que sofren violencia machista”.

A lacra do maltrato ás mulleres maiores

A campaña da área de Igualdade da Deputación da Coruña De Fronte contra a violencia machista, que conta coa adhesión de 88 concellos e preto de 60 entidades, chegou a Rianxo abordando a cuestión das agresións ás mulleres maiores. “Hai estudos que demostran que un dos grupos máis vulnerábeis entre as vítimas de violencia machista é o das mulleres de máis idade e isto non é algo que poidamos calar”, asegurou María Muíño, quen lembrou que “vivimos nun país cun envellecemento poboacional moi alto e cunha poboación moi dispersa, despoboamento do rural e problemas importantes de transporte, e que, segundo a diagnose de igualdade da Deputación, hai unha crecente feminización do envellecemento, con rendas e pensión moito máis baixas”. Estas circunstancias incrementan, segundo explicou a deputada “a vulnerabilidade deste amplísimo sector da nosa poboación, polo que cómpre poñer os datos enriba da mesa, visibilizar esta situación e sobre todo adoptar medidas e iso é o que se pretende con esta palestra que agardo sexa un espazo de reflexión e de formación”.

María Muíño volveu incidir na súa intervención en que o obxectivo da campaña é contribuír a “pór freo á violencia machista e crear un amplo movemento social para crear conciencia de igualdade fronte ao feminicidio”. Así, a partires do 15 de novembro, na web defronte.gal estarán dispoñibles os recursos para as actividades xuvenís de Visual Thinking e Scape Room, para traballar sobre tratamento e prevención da violencia de xénero de xeito colaborativo e en equipos. Tamén na web da campaña, entre os días 22 e 29 de novembro estará visíbel o espectáculo musical para público infantil Martiña soñadora.

O programa completarase co acto colectivo de lectura de textos poéticos o propio día 25 de novembro ás 12.00 h no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña a cargo das poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao. Os textos serán compartidos previamente cos concellos adheridos á campaña para que, de xeito voluntario, poidan facer unha lectura simultánea nas súas rúas.

Outros artigos

Este venres comezan as Festas da Virxe do Carme de Rianxo

Este venres 12 de xullo comezan as Festas da Virxe Do Carme de Rianxo, que ofrecen a residentes e visitantes cinco completas xornadas de celebracións festivas con todo tipo de actividades. A axenda comeza este venres co festival RianClown a partir das 20.30 horas e co...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...