Ribeira acolle esta tarde do sábado na Praza de España, o acto en memoria das vítimas da COVID-19

23 Outubro 2021

Un monumento que se erixirá na céntrica praza de España de Santa Uxía de Ribeira vai recordar para a posteridade ás vítimas da pandemia: unha iniciativa xurdida dende a Asociación de Amas de Casa para cuxa execución conta coa colaboración do Concello que foi presentada hai uns días no consistorio local pola presidenta da citada entidade, Puri Cores, e pola primeira tenente de alcalde María Sampedro.
A creación inaugurarase este sábado 23 nun acto solemne que principiará ás seis e media da tarde. Comezará co himno galego e continuará co descubrimento da pertinente placa conmemorativa, unha ofrenda floral, as intervencións por parte das autoridades e un minuto de silencio para concluír cos acordes de “Hallelujah” de
Leonard Cohen.
O acto, de aproximadamente unha hora de duración no que se aplicarán os protocolos anticovid, está aberto a toda a cidadanía. De feito, tanto Puri Cores como María Sampedro fixeron fincapé en que a xente se anime a acudir a este emotivo acontecemento agora, e en especial os familiares das vítimas.
“É unha homenaxe de todos a todos, unha luz ao final do camiño”, afirmou a presidenta de Amas de Casa, en tanto que María Sampedro afirmou que a iniciativa tamén quere servir para agradecer o labor que na loita contra a pandemia realizaron solidariamente moitísimas persoas e colectivos.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.