Proseguen na pobra as actividades de tributo a Valle-Inclán

18 Outubro 2021

A vixésimo terceira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán prosegue desenvolvéndose na Pobra do Caramiñal. Así, o Concello informa de que para esta semana cóntase cun programa de actividades que se traduce en varias representacións teatrais, unha exposición conmemorativa e unha conferencia.

No eido de funcións teatrais destinadas especificamente ao público escolar, Cachirulo levará A cabeza do dragón ao CEP Pilar Maestú Sierra no mércores 20, ás 11.00 horas; e fará o propio no CEP Salustiano Rey Eiras durante a xornada do xoves 21, ás 11.00 e 12.00 horas.

Por outra banda, no venres 22 efectuarase a apertura da exposición conmemorativa Ramón del Valle-Inclán convidado especial da República de México, depósito de Xaquín del Valle-Inclán Alsina. Será no Museo Valle-Inclán, ás 20.00 horas. Deseguido, procederase co coloquio De Galicia a México: Valle-Inclán 1921, a cargo de Xaquín del Valle-Inclán Alsina; unha intervención con imaxes proxectadas que terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Presentación (os días pasados) da edición 2021 das xornadas

E, no sábado 23, ás 20.00 horas, Airiños Teatro realizará no teatro cine Elma a lectura dramatizada Galicia e Valle-Inclán, versión en galego dun texto de Castelao, así como a representación de contos breves de ficción galega como Malpocado, Un cabecilla, O meu bisavó e Os ollos que viron, escritos por Valle-Inclán.

Requírese a inscrición previa a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484. Está exento o teatro escolar, pois o público asistente será o propio alumnado dos referidos centros educativos. As actividades son de balde e seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.