Os alcaldes de Ribeira e O Son manterán unha xuntanza con Monbus para tentar solucionar os problemas locais do transporte

07 Outubro 2021

O Concello de Ribeira vén de emitir un comunicado no que confirma a vontade do alcalde Manuel Ruiz de intervir directamente nos problemas de transporte público que están a afectar estes meses ao usuarios do termo municipal e da contorna comarcal. Segundo fontes do Consistorio, o rexedor ribeirense e máis o seu homólogo de Porto do Son, Luis Oujo, manterán unha xuntanza o 13 de outubro con Raúl López, presidente da compañía Monbus, encargada de achegar a conexión entre os nosos concellos e entre estes e Santiago e outras localidades. En concreto os rexedores exporán as incidencias que manifestan os veciños sobre o transporte urbano de Ribeira e sobre as liñas que van cara ao Hospital do Barbanza e Corrubedo. Tamén falarán da conexión de ambos concellos coa ría de Noia

Posteriormente, Manuel Ruiz, xunto cos alcaldes da Mancomunidade Barbanza Arousa, manterá unha reunión co director xeral de Mobilidade da Xunta para trasladarlle os acordos as que se cheguen na reunión cos responsables de Monbus. Enriba da mesa tamén estará a necesidade de mellorar as frecuencias que unen Ribeira con Santiago e coa Universidade e a posta en marcha das melloras froito de ambos encontros.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...