O ribeirense Fidel Vidal presenta este venres, no Centro Lustres Rivas, o seu novo ensaio

25 Outubro 2021

A Asociación Cultural Barbantia, Medulia editorial, La Voz de Galicia e o Concello de Ribeira van presentar este venres 29 de outubro o novo ensaio do escritor, investigador, psiquiatra e artista pictórico Fidel Vidal (Ribeira, 1942), titulado A culpa do pai. A cita será o venres ás 20.30 h no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira (rúa Lustres Rivas, 20, 2º andar). Intervirán no acto Fidel Vidal, Manuel Cartea (presidente de Barbantia), Xesús Laíño (vogal de Barbantia) e Manuel Ruiz (alcalde de Ribeira).

Presentación da editorial

A escrita suxire que quizais a nosa visión do mundo actual é tan imperfecta como a dos personaxes de ficción.
Velaquí porque, segundo apunta Eco, os personaxes de éxito convértense en exemplos supremos da “real” condición humana. Entre outros, forman parte desta nómina, Ulises, Edipo, Don Quijote, Hamlet, os irmáns Karamázov, Madame Bovary.

Fidel Vidal nunha imaxe da AELG da colección de Santos Díez e Eduardo Castro Bal

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.