O outubro valleinclanesco da Pobra chega estes días á súa recta final

25 Outubro 2021

A vixésimo terceira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán chega esta última semana de outubro á súa recta final, segundo nos vén de confirmar o Concello da Pobra do Caramiñal a través da súa área de Cultura, lembrando que as xornadas viñeron cunha completa axenda de actividades para render tributo ao autor de Luces de Bohemia, e que esta vertente de celebración, de divulgación, de participación e de homenaxe marcará tamén as accións pendentes do programa.

No venres 29 de outubro terá lugar unha ofrenda cívica onda o monumento de Valle-Inclán situado no Cantón da Leña, ás 13.00 horas, que estará amenizada polo grupo de música tradicional Os Caraveiros, que se encargará tamén de realizar unha ruada por distintos espazos céntricos da vila, a partir das 12.00 horas.

Ademais, nesa mesma xornada, ás 20.00 horas, Tatana Teatro representará Los cuernos de don Friolera (1921) no Elma.

E, por último, Teatro En Punto procederá nas inmediacións do adro do Castelo, ás 20.00 horas do sábado 30, co espectáculo Palabras en Pedra, baseado en Mi hermana Antonia, El marqués de Bradomín e La lámpara maravillosa.

Para estas dúas últimas propostas á preciso formalizar a reserva a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou dos teléfonos de contacto 981 831 662 e 681 173 484. A entrada é de balde e seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.