O Elma acolle en outubro dous novos espectáculos de dinamización lingüística: Baile música no camiño e Invisibles

01 Outubro 2021

O Teatro Cine Elma vai acoller en outubro dúas novas actividade da Rede da Dinamización Lingüística da Xunta (RDL), á cal pertence o Concello da Pobra do Caramiñal mediante a Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG). Serán, por unha banda, o espectáculo Baile e música no Camiño, de O Fiadeiro, e a obra teatral Invisibles, a cargo da compañía Redrum.

Respecto da contribución da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro, celebrarase o 10 de outubro, ás 19.00 horas. O espectáculo Baile e música no Camiño busca dar visibilidade ao folclore galego, ademais de contribuír a dinamizar o uso da lingua galega. Contarase cun grupo de baile, pandeireteiros e pandeireteiras e charanga. O obxectivo, segundo reflicte a dita Concellería, é “transferir ao escenario as músicas, cantares e danzas tradicionais, dotando cada escena integrante dun grao didáctico e vinculando cada unha das partes escénicas ós usos e costumes tradicionais do pobo galego en cada época”.

Así mesmo, no 31 de outubro, ás 19.00 horas, representarase sobre as táboas do Elma a función teatral Invisibles, da compañía Redrum Teatro. Trátase dunha adaptación do libro homónimo da xornalista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. O elenco está composto polas actrices Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez, baixo a dirección de Marián Bañobre. Conta con varias distincións e galardóns, como o premio Luísa Villalta a proxectos de Igualdade da Deputación da Coruña ou os María Casares á Mellor Dirección, á Mellor Adaptación e á Mellor Iluminación. Adscríbese ó programa FalaRedes 2021, da Secretaría Xeral da Política Lingüística.

As actividades son de balde e as persoas interesadas en asistiren deberán formalizar a súa reserva a través do 685 571 058, indicando o nome, os apelidos e o teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.