O BNG agradece á veciñanza de Outes a súa participación nas propostas parroquiais

13 Outubro 2021

O BNG de Outes vén de rematar a súa campaña de propostas parroquiais abertas que, por vez primeira, tivo que desenvolverse de maneira exclusivamente dixital por mor das condicións sanitarias. En palabras da voceira municipal, María Xosé Suárez, “é unha mágoa que tiveramos que cinguirnos só ás redes cando o que buscamos é o trato próximo coa veciñanza para recoller as súas propostas e preocupacións. Malia as dificultades consideramos a campaña un éxito polos centos de propostas que nos achegou a cidadanía á cal queremos agradecer a súa participación un ano máis. A nosa maneira de facer política é con e para a xente, co único de interese de que Outes avance”.
Segundo engadiu, o BNG continuará facendo “o seu traballo de oposición construtiva, achegando propostas ao pleno da Corporación municipal mais tamén facendo un control exhaustivo da actividade do Goberno e seguindo, de preto, se cumpren ou non coas demandas da veciñanza”. Asemade, laiouse de que “logo de case dez meses achegando as propostas parroquiais, na súa maioría, de fácil solución, os movementos do Goberno para cumprir coas mesmas son inexistentes”. E engadiu: “Retomaremos as visitas presenciais por parroquias e seguiremos na nosa liña de facer a política o máis participativa posíbel”.

Outros artigos

O Camiño da Ría de Muros Noia promociónase en Hungría

O Camiño da Ría de Muros Noia continúa dándose a coñecer máis aló das nosas fronteiras. Se o ano pasado era José Antonio de la Riera quen impartía dúas conferencias en Budapest e Szeged, nesta ocasión foi Rózsa Benedek quen presentou o Camiño da Ría de Muros Noia e o...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Memorias desaforadas de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

“Memorias desaforadas de Alfredo Conde”. Alberto Barciela

Aquel neno que, vestido de mariñeiriño, se demoraba sobre a frescura da herba para buscar o alento da terra, non facía outra cousa que preparar o rumbo das súas navegacións futuras. Nese contacto primordial, o pequeno soñaba con barcos que hoxe, convertidos en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.