Galicia, pendente da posible chegada da nube de dióxido de xofre do volcán da Palma

18 Outubro 2021

A columna de dióxido de xofre procedente do volcán Cume Vella, na illa da Palma, en Canarias, podería chegar á comunidade galega ao longo das próximas horas segundo as predicións do servizo de vixilancia da atmosfera Copernicus ( CAMS), a partir das observacións realizadas polo sistema de satélites para rastrexar a dirección e a concentración na atmosfera da corrente de substancias emitida pola erupción.

Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, atópase monitorando e rexistrando en tempo real os distintos tipos de contaminantes procedentes do volcán, aínda que todos os valores rexistrados ata o momento sitúanse nos parámetros normais.

En caso de estimarse necesario, a Xunta poñería en marcha o protocolo de actuación en situacións excepcionais de contaminación atmosférica, aínda que insiste en que todos os indicadores «son absolutamente normais» ata o momento e o persoal responsable da rede de calidade do aire de Galicia «permanece atento a calquera posible cambio na situación».

Fonte Xunta

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.