Frinsa desbanca a Calvo por ingresos

06 Outubro 2021

As dúas conserveiras están preto dos 600 millóns de negocio aínda que, por primeira vez, con Frinsa por diante; Calvo logra elevar os seus beneficios ata os 28,6 millóns a pesar do impacto do efecto divisa.

As tres grandes conserveiras galegas acabaron o ano do Covid cun incremento de beneficios e, no caso das que máis producen para marca de distribución, Jealsa e Frinsa, cun importante aumento da cifra de negocio. A provisión do primeiro estado de alarma favoreceu o aumento de vendas e compensou o curtocircuíto da hostalería. Quen máis se resentiu foi Calvo, cunha caída do 10% das vendas en España e un lixeiro descenso, pouco máis do 2%, no total.

Esta evolución produciu un cambio no pódium das conserveiras galegas. Frinsa, o grupo fundado por Ramiro Carregal, superou por primeira vez o volume de negocio da compañía de Manei Calvo con 588 millóns en vendas, fronte aos 578 millóns da conserveira de Carballo.
Frinsa, con base de operacións en Ribeira, leva anos en proceso de expansión. Primeiro coa creación dunha rede de filiais no exterior, fundamentalmente para labores comerciais, e, desde finais de 2019, coa compra da portuguesa A Poveira, con fábrica en Póvoa de Varzim. A facturación da compañía, que produce para a marca branca de Carrefour, Alcampo ou El Corte Inglés, incrementouse un 40% no últimos cinco anos.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.