En marcha o Outono Xove con 1100 prazas para a mocidade e actividades de formación e lecer as fins de semana do último trimestre do ano

16 Outubro 2021

A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove con 1100 prazas para que mocidade galega desfrute nas fins de semana de outubro, novembro e decembro de actividades formativas e de lecer nos albergues xuvenís da Administración autonómica. Esta nova iniciativa presentouna a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, no albergue As Sinas, que será unha das oito instalacións que acollerá estas propostas.

Cristina Pichel avanzou que esta nova iniciativa conta cun amplo catálogo de actividades que se vertebra en oito programas diferentes que se desenvolverán noutras tantas instalacións. Ademais explicou que se dividirán os participantes en dous tramos de idade, un de 14 a 17 anos e outro grupo de 18 a 30 anos.

Instalacións e programas

Outono Xove desenvolverase en albergues e campamentos xuvenís, así como na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. En cada unha destas instalacións da rede autonómica ofrecerase un máximo de sete quendas entre os meses de outubro e decembro.

O Albergue Xuvenil de Gandarío celebrará o programa Unha finde de lenda; o albergue Mariña Española de Sada acollerá Cine rally, coa creación audiovisual como protagonista; os participantes que acudan ao das Sinas desfrutarán da iniciativa Amar_Xuventude, desde unha perspectiva medioambiental; o Campamento Xuvenil de Pontemaril, en Forcarei, achegará a astronomía á mocidade con Ceos de Música e tradición.

Pola súa banda, o albergue xuvenil Benigno Quiroga, de Portomarín, acollerá o programa Facendo Camiño; o Lug2 de Lugo poñerá a tecnoloxía ao alcance da xuventude con Aventura lug 2.0; a residencia de Tempo Libre do Carballiño acollerá Naturaleza; e o Campamento A Devesa de Ribadeo albergará Mar e cultura na Mariña.

O programa inclúe aloxamento en albergue xuvenil ou residencia de tempo libre, polo que se achega manutención completa desde a noite do venres ata o domingo pola mañá. A cota de participación será de 25 euros. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné Xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.