Determinados na Pobra os vídeos gañadores do concurso Galeguizando TikTok

01 Outubro 2021

O xurado do concurso Galeguizando TikTok reuniuse na tarde do 30 de setembro para seleccionar os vídeos gañadores desta proposta adscrita á programación impulsada polo Concello (Concellería de Normalización Lingüística) para conmemorar o Día da Patria Galega, o 25 de xullo.

Os premios consisten nun lote de produtos culturais galegos e estabelécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha.

O xurado ditaminou que a distinción “ao máis divertido” recaese en Iria Portas Rodríguez; “ao máis creativo” en Alicia Miguéns Vila; e “ao máis orixinal” quedou sen adxudicar.

Os vídeos presentados debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da rede socia TikTok.

Outros artigos

O Concello da Pobra aumenta as axudas dos seus clubs deportivos

Dende o Concello da Pobra veñen de publicar unha nova convocatoria de subvencións para financiar as actividades realizadas no 2024, cunha importante novidade: a suba destas axudas, que chegan até os 31.000 euros para apoiar aos clubs e entidades deportivas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.